Despois duns días da saída do video de PATRIA, un anuncio da próxima edición do salón erótico de Barcelona, xerouse un debate, a hipocresía dun video que denuncia a hipocresía ou pola contra a valentía de denunciar os males que aqueixan a nosa sociedade.
A hipocresía é a
inconsistencia entre aquilo que se defende e aquilo que se fai. Ao que eu me
fago a pregunta de se en verdade todos os que participan deste video e os que o
defenden coñecen a definición de tal termo. Cecais foi por iso que pensei que
tal definición non ten despercicio.
PATRIA se limita a reproducir a dobre moral da nosa
sociedade falando de temas tales como a corrupción, o aborto, a laicidade do
Estado, a prostutición... E son verdades como puños mais a estas alturas e
vendo o panorama político-social parece que non extrañan nin provocan a ninguén.
Esa hipocresía é da que se supón que fala o anuncio publicitario do próximo festival
erótico. Un festival que fai propaganda da violación e da misoxinia.
A ninguén lle gusta a hipocresía. Pero é unha desas cousas
nas que é máis doado ver a palla no ollo alleo que a viga no propio. Se lle
deran de verdade ao pensamento crítico, penso eu que a hipocresía que deberían denunciar
e que sigan presentando como salón erótico unha feria pornográfica. Os medios son
proxenetas que se enriquecen coa propaganda e que dende as suas paxinas se fai
deste crimen que padecen millóns de victimas indefensas e nós somos cómplices e
non loitamos contra iso.
Condeamos sen paliativos a hipocresía que denuncia Amarna Miller, propoñémonos a combatir as causas estructurais que producen tales cousas. Nos pronunciamos frente a todo atentado sistemático contra a vida das persoas…. Mais a esclavitude e a trata de persoas son terribles epidemias que se propagan ante a nosa indiferencia benpensante. Non sei vos pero eu defendo unha cultura de vida na que toda persoa sexa protagonista do seu destino persoal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario