miércoles, 5 de octubre de 2016

Non son corpo exposto para avaliación


Hai tempo sentínme humillada. Sí, humillada, por un piropo, se se lle pode chamar así. Por incomprensible que pareza, ao home que me adicou o piropo non lle importou se a min me agradaba recibilo, se queria saber a sua opinion (creo que pensou que debería sentirme halagada por evaluar o meu físico en publico) e/ou o que a min me poidera incomodar o dereito que él se otorga. Non lle importou nada porque hai duas clases de persoas nesta sociedade patriarcal: o home e, por debaixo, a muller, que existe para servir ao home

Tal vez, me etiquetedes de tola, sí...Davinia sempre tolea mais non confundades a expresión do afecto, do recoñecementoo de beleza na outra persoa, con isto que eu quero transmitir. Non podemos tolerar este tipo de trato. ¿Por qué? Porque eu non lle pedín opinión sobre o meu corpo, ou como ben dixo sobre os meus "pechotes" e, polo tanto é ilexitimo que se me impoña escoitalo. NON SON CORPO EXPOSTO PARA AVALIACIÓN, SON PERSOA!

O sistema machista nos ensina que somos persoas só e cando aceptemos estar ao servicio do outro grupo, o dos homes, ou sexa de segunda clase, sí, de segunda clase, así o concebían filósofos como Platón ou Aristoteles, cunha funcion decorativa e de recipiente para o desafogo sexual, que debemos aceptar sen dicir nin pio, o que aos homes lles pareza facer con nos, como por exemplo, sen coñecernos, dicirnos cousas -como "Madre mía, mirar esos pechotes"- que aluden ao seu desexo sexual

Que haia mulleres que desexan que os homes lles adiquen piropos non é motivo para xustificar a practica. É un mecanismo retorcido como outros moitos: dende o mais absoluto desprecio te anuncian que te aprecian.

Con todo o dito e, como xa indiquei en publicacións anteriores, vos desafío a non abandoar a luita pola liberdade de ser persoa que estivo e está suxeita a ser muller!

No hay comentarios:

Publicar un comentario