martes, 5 de enero de 2016

Queridos reis magos


Queridos Reis Magos: 

Deixando agora de lado o espirito consumista que nos rodea por estas datas queriavos pedir que se recoñezan os dereitos que todo ser humano ten dereito ao nascer, lonxe de toda discriminación. Que as leis non sexan proposicións que según conveñan se cumpran ou non. Que non entre en debate a liberdade coa seguridade, a fin de contas unha conduce a outra. Queriavos pedir -dende a xs ata a xl- valores éticos e morais que afonden nos cidadans e poidan observar ao mundo e ser críticos para responder aos novos desafíos dado que as democracias existen porque os cidadáns se involucran, e non hai goberno recto sen cidadans rectos. Que as sociedades teñan disposición ao desacordo, ao rexeito e a disconformidade para repensar un novo debate social que acolla a todos. E, por suposto, xa que estamos e pedir non costa nada, un mundo mellor pra todos. 

Feliz ano

No hay comentarios:

Publicar un comentario