Xa que vexo moitos balances do 2015, vou empezar o ano lembrando a un profesor que tiven hai moitos anos. Acordo que mandounos coller unha cartulina e poñer nela uns cantos propósitos que teriamos que cumprir no novo ano.
1. As veces -igual é que teño dobre personalidade, non se confunda con bipolar- dame a sensación de que estou sendo infiel a min mesma. O meu primeiro propósito, quererme tal e coma son. Ao fin e ao cabo, non podo, nin quero, nin debo cambiar.
2. Unha vez unha persoa me dixo: contigo non hai medias tintas, es das persoas que, ou caes ben ou mal. Pois ben, non tratar de gostar a ninguém só a min mesma. Ademais o bo e que falen, ben ou mal, que falen.
3. Facer do mundo un lugar mellor mais con mellores persoas. Porque sí, porque estamos na vida non na guerra e a guerra argallouna o ser humano, non a vida.
4.Disfrutar das persoas de corazón. Mimalas, querelas, amalas, respetalas... Sem rencor. Porque a todos nos chega a hora. Despois nin vale de nada o enfado nin hai volta atrás.
5.Dicir tódolos días da miña vida QUEROTE se em verdade o simto.
6. Coidarme máis. Non me refiro a físico se non á mente.
7. Escoitar e observar
8. Ser a mellor no meu. O sinto, as cousas claras. Som competitiva, pero non nos deportes. Un dos propósitos, o de todolos anos, facer exercicio. A verdade e que non sei a quen quero enganar. Non é que non me goste, e que son como unha marmotiña
9. Ir a todolos concertos que poida,
10. Probar muitisimas máis cervexas artesanas.
11. Avanzar, avanzar e avanzar.
12. Lembrarme todolos dias de aqueles que se foron e que non voltaran. De aqueles que non se foron mais queres que se vaian. De aqueles que non voltaran pero desexerias que voltaran. De aqueles que non voltaran e non queres que volten.
13. Mimar ao meu miniño. Non hai persoa na terra que me faga tan feliz.
14. Caer todalas veces posibles. A miña vida foi sempre unha montaña rusa, coma min. O curioso é, que non quero que mude. Porque son masoca e aprendo a base de ostias, pero aprendo. Quero aprender.
15. Agotar a rutina. Simplemente non me gosta a rutina. Tendo a aborrecerdeme de todo. Mais encantame probalo todo. Non son permanente. Non me gosta a permanencia.
16. Facer un curso relacionado coa escritura, e outro, se cadra, de fotografía.
17. Perfeccionar o inglés e o francés.
....
Podería seguir mais xa me aburro (jajajaj). Deixarei un último propósito.
18. SORRIR

No hay comentarios:
Publicar un comentario