sábado, 30 de enero de 2016

O pobo falou “A ría e nosa e non de celulosa”



https://lojamodav.wordpress.com/2016/01/30/o-pobo-falou-a-ria-e-nosa-e-non-de-celulosa/

Durante moito tempo a política estivo feita de corrupcion e sobornos, familias e amigos. Abundou na Restauración, nas décadas finais do século XIX e comezos do XX, nese complexo entramado que Joaquín Costa definiu co binomio “oligarquía e caciquismo”, e se xeralizou como práctica política durante a dictadura de Franco. Lonxe de liquidar esa practica o gobernó do PP agrandouna e isto está a producir efectos devastadores.

Un claro exemplo disto e que vivo de preto, e a decisión escura e pouco democrática da concesión a ENCE dunha parte de ría ate o ano 2073 como xa indiquei en entradas anteriores. Mais fronte a isto e cinco días despois de que o Goberno en funcions de Mariano Rajoy tomase esta decisión a vontade política do pobo actuou , o pobo falou “A ría e nosa e non de celulosa”. O pobo denunciou a avaricia, a corrupción e as portas xiratorias.

E seguimos aquí resistindo a quen nos quere calar. E seguimos aquí rexeitando a idea de que os intereses económicos agasaien a uns poucos unha parte irrenunciable de Pontevedra e o argumento de que ENCE xera postos de traballo. Postos sen validez no momento que a fábrica impide que se cren postos de traballo noutros sectores: MEXAN POR NÓS E DIN QUE CHOVE.

Convén recordar que a democracia e as repúblicas son porque Nós somos; porque Nós, os cidadans, metémonos de cheo nos asuntos públicos. Nós, somos partes dun todo, dunha comunidade. Da nosa comunidade. Se mermamos, se deixamos que nos leve a corrente, a nosa comunidade merma tamén. Tócanos rexeitar a idea de que todos queremos o mesmo e replantexarnos baixo qué condicións é posibel e valioso vivir para homes e mulleres en xeral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario