Onte, a través dunha nota de imprensa, Ence comunicaba que o goberno en funcións de Mariano Rajoy lle concede unha prorroga por 60 anos máis. Cada quen que tome esta nova como queira mais eu seguirei co meu cantar:
Pasan os anos e o franquismo segue ahí, tal e como citou Paco Valero “asomando unas veces la cabeza y otras el cuerpo entero”. Dun lado implantou na poboación un auténtico horror á violencia, de tal xeito que a tolerancia ao uso da mesma como instrumento político, ven a ser susituida por unha intolerancia radical ao respeto da mesma. Do outro lado, unha recaída na pasividade política. Se o franquismo puido durar o que durou e as oposicións non foron suficientes pa derribalo, débese a que o réxime tivo éxito en manter e reproducir unha cultura política anti-política.
Esa cultura política converteuse na xustificación a posteriori da Dictadura e segue condicionando a actividade pública. Cómpre lembrar que ENCE foi instalada na ría de Pontevedra por orde do réxime franquista. Unha empresa do Instituto Nacional de Industria que tiña na sua presidencia ao xeneral Juan Antonio Suanzes. E, logo que? Logo, a sua localización deixou o espazo no que se enmarca valeiro para calquera acividade marisqueira e, primeiro ENCE e logo ELNOSA verteron na ría o que quixeron e como quixeron ate que foron obrigados a por remedio.
Dende 1958 son donos dunha orilla da ría, e agora pretenden permanecer 60 anos máis. É unha fraude democrática hipotecar a ría a ENCE. Estannos pedindo que nos esquezamos de ese lado da costa ate que os propietarios queiran. E logo iránse, deixando un legado danado.
O futuro de ENCE non pode estar na ría, a poucos km do centro urbano, senon nun polígono acorde co tipo de actividade que realiza, porque a ría e o seu ecosistema é un recurso natural cheo de posibilidades e de beneficios para a comunidade.
É, a meu pensar, unha burla a cidadanía e ao medio ambiente que este tipo de políticas sexan resultado dunhas tomas de decisións nas que teñen voz e voto axentes económicos que abogan polo seu propio interese.

No hay comentarios:
Publicar un comentario