martes, 2 de febrero de 2016

"Non, non é Auschwitz en 1942, é Europa no 2016"



Hai días circulaba polo Facebook a imaxe que aquí mostro. "Non, non é Auschwitz en 1942, é Europa no 2016" Así versaba o pé de foto. 

Foi cos atentados terroristas en chan europeo e coa chegada dos refuxiados dos países en guerra cando tomamos conciencia do horror do conflicto bélico que data de hai anos. O “imprevisto” chegounos de súpeto (ironía)- unha vez que palpamos a vulnerabilidade da seguridade e da unidade nacional, así como tamén os principios da democracia, (se ben sabemos do seu significado, non de cómo funcionan)-. E, non termina por saberse qué pasa nin qué e cómo segue.

Agora ben, saquemos a máscara (occidental) da hipocresía e vaiamos máis ala de todo isto; Tony Blair dixo que a guerra de Irak axudou a crear o EI e esta confesión é a proba máis importante. Levamos financiando rebelión en Irak, Siria, Libia, Arabía Saudí e moitos outros países según os intereses xeopoliticos que nos beneficiaron.

Non podemos ocultar que todo isto ven de manipular a miseria do outro pensando que as consecuencias da guerra non nos podía afectar mentras non moi lonxe se asasinaban e asasinan a miles de homes e mulleres, mentras os refuxiados afogaban e afogan no mar por chegar ás costas europeas, mentras pereceron e perecen no mar e, descansan para sempre nun lugar da ansiada Europa.

Pechar as fronteiras xunto con outro tipo de prácticas disuasorias non van a disipar o desexo dos refuxiados de escapar da guerra, da destrucción. É preciso que a UE afronte a situación cun proxecto a longo prazo e non con parches de urxencia ou con recetas vellas apoiadas polos gobernos nacionais máis preocupados éstes por preservar o seu sitio e polas enquisas de opinión que polos dereitos do ser humano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario