miércoles, 10 de febrero de 2016

A corrupción tingue de cor carbón os principios éticos e as conviccions democráticas











Ultimamente, é moeda común falar da corrupción e, volta sacar as cores ao Estado espanhol, volta poñer máis negro sobre branco e, como non, tinguir de cor carbón os principios éticos-morais e as conviccións democráticas

Hoxe, a ONG Transparencia Internacional publica o Índice de Percepción da Corrupción 2015 e, como era de esperar e sen sorpresa, España non sae ben parada e empeora a sua situación dende o 2014. Ademais a ONG califica de “moi preocupante” o deterioro da situación sinalando que a nivel mundial, xunto a Turquia e Holanda é onde máis se reduciu o nivel da democracia e os espazos da sociedade civil.

Xunto a isto, quería traer a debate o deterioro da democracia e a cultura política antipolítica dos cidadans como legado dun réxime franquista á hora de denunciar os males que nos pisan os talóns e non nos deixan respirar. Este conflicto de intereses entre o público e o privado ven de atrás, de moito atrás e, o longo rosario de escándalos desenterraron o vello interrogante do país condeado a repetir as desvergonzas. O que pode facernos pensar que este é un problema que forma parte do ADN do Estado espanhol.

Que tristeza que a retórica da vida actual verse sobre a culpabilidade dos cidadans e os únicos que parecen gozar da confianza son os que a través dos cartos públicos viven a vida, tal e como diría miña nai, a todo meter

No hay comentarios:

Publicar un comentario