Hai un tempo escribía tal que así
Nos adiantamos ao final das cousas sen ter en conta o efecto desgarrador do cambio. Saltamos ao baleiro e nos deixamos arrasttrar pola corrente. A culpa? O dominio emocional sobre a racionalidade estupida do home. E digo estupida pola entrada do home contra a dor. ¿Quen non coñece os danos irreversibles das experiencias?
Despois de saltar e non sentirnos triunfantes senon só pola pesadez dos nosos corpos, se apresuran ao remondimento e a dúbida. Remordimento por culparnos de saltar e sen ter en conta o efecto de tal accion. Dúbida pola reinante vacilación á hora de tomar unha decisión despois de saber que o que fixemos, o fixemos mal
Mais hoxe e, trala resaca das eleccións, omitiría o segundo párrafo e ante a pregunta ¿Quén non coñece os danos irreversibles das experiencias? contestaría, a sociedade.
Facendo un paréntesis, engado que en numerables ocasións escoitei a típica frase no que todo se resume "hai que facer autocrítica". Non sei porque pero cando escoito esa frase me ven á cabeza o que nos dixo o profesor de mercadotecnia na sua primeira clase "Cando vos preguntan se os medios manipulan, vos dicides que sí. Agora ben, se vos preguntan se estades manipulados polos medios dicides que non." Esa é a lóxica que impera na sociedade, unha lóxica relixiosa, exemplo do que Max Weber describía como “ética de las convicciones".
A sociedade se despreocupa das consecuencias das súas accións. Irresponsables. A ónde ou a quén se traslade a responsabilidade non importa. As consecuencias se atribuirán aos demais ou ao espiritu santo
A política converteuse nunha fuxida pra evitar asumir responsabilidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario