Pitucha
Dende que nos deixache,
non deixo de argallar
como e cando te vou mirar.
Soño con que retornes sen chamar
e ver que aínda agochas
o mar no teu ollar.
Soño co teu cantar,
despois de brindar
por un "xuntos moitos anos máis"
Xa non quero espazos sen encher,
nin erros que tremer,
senon contaxiarme do teu loitar
que cure meu triste sentir
de seguir ,aquí,agardando, por ti.
No hay comentarios:
Publicar un comentario