Entre estantes cheos de produtos de limpeza, o meu espirito crítico facíase notar. Eu ben sei por qué. As veces gústalle deixarme ao airo. Xa sabedes de que falo. E sí, Potitos!! Potitos e Sección de limpeza? e, POTITOS? Desconcertada, mentras os meus eus debatían o que cada quen pensaba que era o correcto, camiñei lentamente esperando atopar un xabón que combatira os recordos que fian a miña roupa. O ollar perdido, o cheiro dunha chea de aromas baratos e os meus eus non precisamente no seu esplandor, os xabóns non eran a solución. Seguín as miñas pernas nun tembleque de xeonllos e, tras abandoar o corredor de limpeza máis os potitos, convertínme en obstáculo dunha maratón apta para profesionais- engado que houbo quen fixo trampas-.
A saída marcouna a caixeira do supermercado :"Pola seguinte caixa por orde de fila, por favor". Houbo quen chegou primeiro coas mans valeiras. E claro, eu rin. "Esquece a súa compra" dixo unha moza ao vello que chegara primeiro. Ao que éste respostou: "Veña, que non teño todo o día. Non ves que non podo facer esforzos?; tráema." E rin moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario